Cineuropa 2006: primeiras noticias
Os organizadores de “Cineuropa” fixeron chegar aos medios o pasado venres unha nota de prensa avanzando os primeiros contidos do certame. Deixamos a continuación o texto íntegro, e en próximos posts iremos desvelando novos detalles. Destacamos, para empezar, a presenza de “The host” dentro da exquisita selección de cine Made in Asia que promete proporcionar grandes momentos este novembro:
Este ano serán proxectados máis de cen filmes dos cales cincuenta son estreas
Cineuropa consolídase como o festival de cine de referencia en Galicia na súa XX edición
O festival de cinema CINEUROPA, organizado pola Concellería de Cultura de Santiago de Compostela, chega no vindeiro novembro á súa XX edición coa máis ampla e variada programación da súa historia. Do 2 ao 30 de novembro Compostela será a capital do cine independente, social e de autor. A proxección de máis de cen filmes, entre eles medio cento de estreas, servirá para celebrar estes vinte anos de compromiso do departamento municipal co cine de calidade.
CINEUROPA logrou ao longo da súa traxectoria facer sen dúbida realidade a vocación de erixirse no maior dos festivais de cine celebrados en Galicia, obxectivo co que naceu no ano 1986. Hoxe é o máis lonxevo de todos cantos eventos culturais deste tipo teñen lugar no noso país, ademáis de destacar como o que cada ano consegue reunir un número maior de espectadores, moitos deles fieis seguidores do ciclo.
Nesta edición as proxeccións, ademais de no Teatro Principal, o Salón Teatro, a Sala Yago, e a Fundación Caixa Galicia, desenvolveranse na Aula de Cultura de Caixa Galicia e no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC).
CINEUROPA acada ás dúas décadas de existencia e, para celebralo, son moitas as novidades das que os amantes do festival poderán disfrutar este ano. Novos premios e novas seccións. Ás xa tradicionais oficial, panorama internacional, documental e clásicos do cine, engádeselle este ano un apartado adicado ao cine musical recente. Por outra banda, reforzará a sección de cine asiático con títulos imprescindibles no actual panorama cinematográfico coma The Host, unha cinta coreana de terror que foi unha auténtica revolución de taquilla en Asia.
Entre as xoias cinematográficas que o espectador poderá ver este ano destacan Grbavica, gañadora do Oso de Oro en Berlín; El violín, premio ao mellor actor no festival de Cannes; Indigenes, premio á mellor interpretación en Cannes; Requiem, recoñecida como mellor película en Sitges, e El camino de San Diego, premio do Xurado en San Sebastián.
CINEUROPA proxectará tamén as últimas películas de directores de recoñecida traxectoria a nivel internacional coma Aki Kaurismaki, Sydney Pollack, Raúl Ruiz, Steven Soderbergh, Goran Paskaljevic ou Claude Chabrol. Na sección Cinefilias, de clásicos do cinema, exhibiranse filmes de Sam Peckinpah, Richard Fleischer e Godard, entre outros. E o traballo de Sydney Pollack ou de Werner Herzog poderáse ver no apartado de documentais.
miultimodia
10.2323.2006 1:46 pm
Estupendo por The Host, pero no veo ninguna referencia a Lynch ni Aronofsky!! Espero poder verlas en el Cineuropa…
Muy buena idea la de este blog. Saludos.
Martin Pawley
10.2323.2006 10:07 pm
A falta de saber a programación completa, témome que ningunha desas dúas vai estar en Santiago: “The fountain” é da Warner, unha “major”, e sería unha (agradábel) sorpresa que cedese copia para un certame desas características a un mes da estrea (disque chega en decembro). En canto a “Inland Empire”, de David Lynch, hai que dicir que case nin existe nestes momentos: nin sequera chegou a proxectarse no Festival de Sitges, malia o previsto inicialmente, pois vai ser remontada para quitarlle metraxe (a versión vista no Festival de Venecia duraba tres horas). Haberá que agardar.
Miguel
10.2424.2006 1:43 pm
Vexoo moi mal este ano, moi conservador de momento, aínda que The Host pinta ben…
Falta o filme premiado nos grandes festivais máis interesante: Natureza morta, de Jia Zhang-ke
Martin Pawley
10.2424.2006 8:10 pm
Miguel, polo de agora só coñecemos unhas poucas películas das máis de cen que se presentan. Dicir a estas alturas que vén “moi mal”, ou calificalo de “conservador”, paréceme moi atrevido.
En calquera caso, poñamos as cousas no seu sitio: Cineuropa é, no esencial, unha mostra de cinema, e como tal é lóxico que exhiba filmes premiados noutros festivais e aínda pendentes de estrea. Non o vexo tan razoábel no caso dun certame competitivo como o de Ourense, que recolle a concurso películas vistas só uns poucos días antes no de Valladolid.
A min tamén me encantaría que puxesen “Natureza morta” de Jia Zhang-ke, pero véxoo difícil: case todos os títulos de Cineuropa son filmes que xa teñen distribución pero que aínda non chegaron ás salas de cine (como é o caso de “The host”). Nin unha soa das películas de Jia Zhang-ke chegou a ter distribución comercial, se ben cabe agardar que o premio en Venecia cambie decididamente as cousas.
Miguel
10.2626.2006 11:57 am
Por eso digo que é conservador, porque non pon máis ca películas que terán próximo estreno en España. Creo que deberían poñer menos filmes e arriscarse máis. Traer os filmes de Jia, de Apichatpong, de Tsai, de Hong Sang-soo e moitos outros que cun pouco de esforzo se poderían traer…
Por exemplo, fai dous anos trouxéronos a filmografía de Oliveira. ¿Tan difícil é traer Espelho Magico? Pensando que puxeron O pasado e o presente sen subtítulos de ningún tipo e cun sonido lamentable, non creo que sexa difícil contactar coa cinemateca portuguesa para exhibir a última obra dun dos grandes do cinema…
E o mesmo ocorre con Pedro Costa… ¿sería moito pedir que aparecese por Compostela Juventude em marcha, outro dos grandes filmes de 2006?
E sígueme parecendo conservador cando vexo quen o dirixe. So fai falla pasarse polas páxinas de O correo galego para descubrir qué clase de crítico é o señor Losa e a pouca gana que ten en arriscar…
Pero este é un tema que hai que tratar ben a fondo, cando coñezamos o programa completo… De todas formas, veña o que veña, eu pasareime moitas tardes vendo filmes. Algúns gustaranme máis que outros, pero aínda que sexa moi conservador, non hai que rexeitalios. Estarei na cola tódolos días.
Miguel
10.2626.2006 11:58 am
E se poñen a última de Dumont xa me conformo xDDD
Martin Pawley
10.2727.2006 12:02 am
O problema, polo de agora, non é cuestión de risco, senón de disponibilidade de copias. Cineuropa é no esencial unha mostra de cine que programa filmes en distribución, a maior parte dos cales dificilmente se estrearán en Galiza (o caso de “Grizzly Man”, de Herzog, sen ir máis lonxe, que hai meses que se viu nos cines de Madrid e Barcelona e non chegou a cruzar o telón de grelos). Este ano en Cineuropa tiveron máis cartos, pero non máis tempo. O verdadeiramente interesante será saber que camiño tomarán a partir do ano que vén, ou o que é o mesmo, de que xeito se vai notar no sucesivo esa nova condición festivaleira.
Se -como corresponde a calquera ser humano sensato- quere ver os filmes de Pedro Costa, estea atento a programación do CGAI de novembro e decembro, en calquera caso. E o mesmo digo respecto á filmografía de Bruno Dumont, un tipo cuxas películas eu detesto bastante.
Obradoiro
10.2727.2006 1:54 am
BAHMAN GHOBADI, PREMIO CINEUROPA 2006.
Con iso podemos ir engadindo outra película a lista, “Medialúa”, recente gañadora ex-aequo da Concha de Ouro, que segundo soe ocorrer será a película da gala, ¿non credes?.
E a iso, espero, unha retrospectiva completa que me resulta persoalemente moi interesante, pois coido non lle vin máis que “As tortugas tamén voan”…
Obradoiro
10.2727.2006 2:12 am
Por cierto, el compositor Stephen Warbeck será el otro premio Cineuropa.
Martin Pawley
10.2727.2006 9:12 am
Nin “As tartarugas…” e moito menos a “Media Lúa” é o tipo de cine que a min me interesa, pero sei que a José Luis Losa si; e desde logo meter a gañadora de Donostia “Media lúa” si é un acerto de programación, aínda que non me guste nadiña.
E a Warbeck terémolo tamén en concerto, digo eu.
Martin Pawley
10.2727.2006 9:30 am
…o xoves 2 pola noite, intúo.
RONCHO
10.3030.2006 2:20 pm
SODES TODOS MOI LISTOS…. LISTOS DE CARALLO…. HAI MOITO TIPO CULTO POR AHÍ SOLTO…. DO QUE VAI A CINESA AREA CENTRAL OS DOMINGOS Á TARDIÑA E LOGO VEN DE GUAI… VEDES O QUE SE VOS POÑA E XA ESTÁ… PRINGAOS!!! YO QUIERO VER ESTA.. SE ME PONEN ESTA CHACHI.. DE QUE COÑO IDES!!! SE É CONSERVADOR NON VAIADES… MENOS COLA COLEGA…
Obradoiro
10.3131.2006 6:06 pm
Digo eu que se Cineuropa quer sen que de convertirse en gran festival de Galiza deberá estar exposto ás críticas e poderase ser esixente. Ademáis aqui o que se deron foron, sobretodo, opinións.
Por outra banda, o do Area Central… pois si, non che vou dicir que non fun nunca, vou de cando en vez, coma as demais salas da cidade, se ben e certo (por diversos motivos, sobretodo programación e situación) que menos habitualmente que o resto. Precisametne a semana pasada vin alí Scoop e fai unhas cantas a do Fauno. En calqueira caso, non sabía que ir ao cine, seña ese ou outro, fose algo incompatible con ir a Cineuropa (?)