Non todo van ser eloxios
A programación de Cineuropa é un luxo: a selección de películas é modélica -dadas as circunstancias- e ano tras ano vai sempre superándose en cantidade e calidade. Agradécese a oportunidade que nos dan de ver os últimos traballos de Chabrol e de Kaurismaki, de comprobar o ben que se levan Frank Gehry e Sidney Pollack ou de aplaudir a apaixonante lucidez dun renacido Werner Herzog. Queremos disfrutar do prometido lote de cine asiático, con The host, Takeshi Miike, Johnnie To e as sorpresas que aínda non foron reveladas. Agradecemos que o seu carácter de “mostra” nos permita botarlle un ollo a obras que aínda tendo distribución en España dificilmente chegarán a Galiza; títulos que se viron esta mesma semana en Valladolid e outros que pasarán a finais de novembro por Gijón, como Quinceañera ou Shortbus. Cineuropa merece todos os meus parabéns, sen dúbida, pero o que non é de recibo é que a só seis días do seu arranque aínda non coñezamos suficientemente os seus contidos.
Entendo perfectamente que haxa algún aspecto relevante por pechar, entendo que a programación de todo o mes poida non estar completamente lista, entendo que non haxa catálogo impreso a disposición da xente e que tampouco estean na rede os horarios detallados de todas as proxeccións. Entendo iso, pero tamén penso que esa faceta debe mellorar espectacularmente ao longo dos próximos anos, se como parece a intención é que Cineuropa sexa o gran festival de cine de Galiza, e non só unha mostra para uso e disfrute case secreto dos composteláns, que coñecen o que se presenta a forza de ler “El Correo Gallego”.
Non pido que estea todo atado e ben atado cun mes de antelación. A data de hoxe non me preocupa o que poñan o día 27 de novembro, nin sequera o 15, pero si me interesa moito, moitísimo, saber o que hai o próximo xoves 2, e o venres 3, e a fin de semana que lle segue. Non pido máis que iso: saber como comeza. E non me refiro ao concerto da Filharmonía nin ao premio ao señor Ghobadi, non; eu refírome ás películas, que é o que importa.
Martin Pawley
Obradoiro
10.2828.2006 12:11 pm
Estamos totalmente dacordo. Bueno, casi. A min tampouco me parece algo tan impensable que SI poidese haber un boceto do que se vai ofrecer en todo Novembro, e non só na primeira semana (por que, vamos a ver, Ourense por exemplo, con todolos seus peros, presentou o seu programa hai xa unha semana e non comeza ata 2 días despois de Cineuropa. ¿Que é menos grande en canto a proxección e duración?. Vale, pero coido que, non digo que sexa doado, pero si posible.
Pero o que colma o vaso é que a día se hoxe, coma ben dis, non sepamos o que imos a poder ver a semana que ven.
Unha pregunta, ¿sabedes se o día 2 comezará xa a exhibición de filmes ou co de que comeza o festival refirense unicamente ó concerto da RFG e a entrega do premio a Warbeck?
Miguel
10.2828.2006 2:30 pm
Bo artículo e completamente dacordo Martin. Supoño que farán como o ano anterior e ata o mércores non terán os carteis do festival pola cidade nin as programacións no principal… Así que como tódolos anos, haberá que improvisar. E o peor de todo e que sempre cambian o cartel a metade do mes, porque non poñen ben os horarios e hai sempre uns retrasos de escándalo (alguén foi o ano pasado ao primeiro pase de Batalla no ceo?). Quero dicir, que moito secretismo ata a última hora, pero non é para cuadrar perfectamente os horarios e para facer una programación exacta.
Non. Non é por iso. É por mala organización. Supoño que Cineuropa a día de hoxe é unha rémora para o Concello e para El correo gallego e que teñen medo a perder prestixio se o quitan. Se non, non se explica semellante actitude. Unha vergonza.
Pero, cambiando un pouco o título do teu post, se me permites, direi que “non todo van ser críticas”. Das a noticia de que pasarán Shortbus. Ben que me alegro. Apetecíame moito ver o último do director de Hedwig, que din que vai todavía maís alá, que é moito más independente. Alégrome ben. Hedwig na miña opinión quedábase a medias, quizáis ahora Cameron Mitchell o consiga…
A pena é que nin David Lynch nin Richard Kelly foran a Sitges, o que os descarta para que aparecesen por Compostela… Unha pena…
E xa para acabar, empezar a aventurar o filme sorpresa… ¿Será o último Von Trier? Mira que a mín non me gusta nadiña o danés. Pero Losa parece namorado del e moi raro me parece que o último filme, presentado en Donosti, non chegue a Compostela…
Martin Pawley
10.2828.2006 4:58 pm
En liñas xerais, o programa a estas alturas ten que estar practicamente pechado; outra cousa é que manteñan ese absurdo secretismo até última hora, dosificando as roldas de prensa e os anuncios. Iso tería sentido hai un mes, pero non a unha semana do comezo.
Non creo que sexa unha rémora para o Concello, antes polo contrario: non é especialmente caro e dalle unha vida enorme á cidade durante todo un mes. O orzamento anual dunha orquestra sinfónica anda polos 2, 3 millóns de euros; coa cuarta parte desas cifras móntase un Festival de Cine caralludo. O problema a este nivel nunca son os cartos, senón o de ter ou non ideas claras sobre o que se quere.
Teño entendido que “Quinceañera” e “Shortbus” van a Cineuropa, pero non dea nada por seguro até o martes, que xa sabe como son estas cousas. A de Lynch vaina distribuir el mesmo, din por aí que quizá de maneira simultánea en cines, TV e Internet. A de Richard Kelly non causou moi boa impresión en Cannes, nin sequera entre os críticos / expertos que nos merecen máis confianza.
O derradeiro Von Trier é unha opción “doada”: ten distribuidora, Golem, e acabará chegando aos cines. “Tideland”, o ano pasado, foi unha aposta máis atrevida, con copia proporcionada directamente pola produtora de Jeremy Thomas, a mesmiña que se proxectou a concurso en Donostia no 2005. “O xefe de todo” vese con agrado, pero se lle digo a verdade a min non me fixo moito chiste.
Obradoiro
10.2828.2006 7:38 pm
¿Estás seguro de que Lynch vai distribuir il mesmo?. Tiña entendido que mercada a productora os dereitos de explotación do filme para EEUU e Canadá, pero que en Europa correría a cargo de Studio Canal.
De todos modos, é só unha pregunta, pois non estou seguro, só é o que oín eu por ahí… sería macanudo conseguir traer Inland Empire a Cineuropa, pero como dicides, pareceme unha utopía…
Miguel
10.2828.2006 8:13 pm
Von Trier a min tampouco me fai moito chiste, pero xa dende ven lonxe, pero por distribución e polos gustos do “amigo” Losa é moi sospeitoso que non se anunciase que apareza en Cineuropa. Vendo a esaxerada puntuación que tivo Manderlay no último Certame, Von Trier é un tirón mediático que nin Rego e Losa deixarían escapar. Por iso digo que é probable que sexa o filme sorpresa.
O de Tideland estivo moi ben. Eu entereime polas primeiras pistas de Losa, pero aínda así foi unha grande emoción ver o filme. Máis nada porque non me esperaba algo de semellante calibre dun Terry Gilliam a quen sempre miro con desconfianza.
Shortbus, se vai a Xixón paréceme raro que antes pare noutro certame, pero prefiro manter a ilusión e esperar que finalmente apareza na programación. A de Quinceañera non a coñezo.