Habemus programa!

Escrito o 31 Outubro 2006 by cineuropa

Xa está colgado un PDF de dúas páxinas coa programación íntegra de Cineuropa, que inclúe unha interesantísima revisión da obra de João Cesar Monteiro. Leremos a axenda con atención e logo comentarémola; a miña impresión: si, pero…
Martin Pawley

Actualización:  xa está dispoñíbel na páxina oficial de Cineuropa 2006, inda que de momento é o único que actualizaron. (programa 2006)

Escrito en Sen clasificar

Comentarios

  1. Miguel

    11.11.2006 11:08 am

    Apaixonante programa… vai ser difícil ir a ver tódolos films que quero, así que non sei como farei…

    Quería ver o Godard de A China no cinema, pero tendoa na casa terei que pasar, así que o primeiro día caerán forever e máis Edmond.

    Tamén apetecíame ver Media Lúa, aínda que non me guste Ghobadi, pero tendo en conta que a esa hora pasan unha de Monteiro, me parece a mín que nin Bahman nin hostias xDDD

  2. Miguel

    11.11.2006 12:24 pm

    Uf Uf, xa cuadrei máis ou menos os horarios… Pérdome un par de Monteiro, Silvestre e Veredas, PORQUE NON AS REPITEN… e o White Diamond de Herzog…

    A programación polo demáis gústame. Eu irei a ver 50 películas. Ao mellor menos, así que quizáis pase polo maratón.

    A decepción é a non presencia de Exiled, de Johnnie To, un dos filmes que máis esperaba. Tampouco consigo facerlle sitio a The Host, sempre anda Monteiro de por medio, e se teño que elixir, prefiro ao portugués.

    A sorpresa, o último filme de Takashi Miike. E notición a presencia do último Cameron Mitchell antes de ir a Xixón.

  3. Martin Pawley

    11.11.2006 5:54 pm

    Eu insisto no de “si, pero…” Boto en falta máis sorpresas inesperadas, alén do ciclo João Cesar Monteiro que vou perder integramente por razóns de horario (e o certo é que daba algo por ver a reacción da xente diante de “Branca de neve”). O que máis me chamou a atención, de feito, é a insólita (case diría que inxustificábel) presenza de “Os dois filhos de Francisco”, o biopic nada recomendábel sobre dous músicos brasileiros.

    “Forever” é unha marabilla, e “White diamond” tamén, pero é mellor “Grizzly Man” (e a seguinte de Herzog, “The wild blue yonder”), así que perdela non debe doerlle demasiado.

  4. Miguel

    11.22.2006 9:34 am

    Dende logo, eu non perderei nada de Monteiro. Todo enfocado arredor del. E iso que moitos dos seus filmes están na biblioteca da universidade, pero velos no cine ten que ser unha experiencia única. O Vai-e-vem de fai uns anos foi unha das maiores experiencias da miña vida como cinéfilo.

    Ao final é unha pena que non entrasen tampouco os filmes de Ariadna Pujol, Recha, Lacuesta ou Serra. Xa falarei máis adiante que teño as miñas dúbidas sobre determinados filmes.

    ¿Qué tal a de Juan Villegas?

  5. Obradoiro

    11.22.2006 1:23 pm

    Acabo de velo, teño que miralo con máis detalle, pero parece interesante a primeira vista. Por certo, que cedo este ano a Película sorpresa (día 16). A todo isto, no maratón tamén pon “Película sorpresa”. ¿Será diferente, ou a primeira pista sobre o film sorpresa? (digoo por que o maratón está dedicado ao cine asiático este ano)

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image