Cineuropa, primeira semana

Novembro 3rd, 2006

As nosas recomendacións para esta primeira semana:

Venres 3 de novembro

Forever: un documental apaixonante e cheo de vida malia xirar arredor dun cemiterio, o parisino de Père-Lachaise que acolle os restos dun feixe de ilustres defuntos. A mellor película vista a concurso no pasado Festival de Donostia, tanto que tivo a honra de non recibir ningún premio. Dirixe a peruano-holandesa Heddy Honigmann (MP)

Sábado, 4 de novembro

La battaglia di Algeri: a mellor maneira de homenaxear ao recentemente falecido Gillo Pontecorvo é revisar esta descarnada e contundente obra mestra a proba de estómagos (estupidamente) eurocéntricos. (MP)

Monday: yakuzas, violencia, acción, humor, unha historia que empeza po-lo final… Esperemos que sexa un bo comezo desta edición de Cineuropa. (I)

Domingo, 5 de novembro

Hana yori mo naho: un samurai que non quere selo é o personaxe principal creado por Hirokazu Koreeda para un filme imperfecto pero cheo de ideas suxestivas. A outra boa película do Festival de Donostia, honrada tamén pola súa ausencia do palmarés. (MP)

Luns, 6 de novembro

Leonard Cohen: I’m your man: nin idea que non a vin, pero é Leonard Cohen. (MP)

Time: Para os fans do director coreano Kim Ki-duk chega a súa última película na que volve despregar todo o seu dramatismo, sensualidade e carga psicolóxica. Unha moza fai unha operación de cara para muda-lo seu aspecto e a partir de ahí as reaccións sucédense sen parada. Para os despistados decir que non ten nada que ver con Cara a cara de John Woo. (I)

Martes, 7 de novembro

Sesión dobre Godard: La chinoise e Vivre sa vie. Sobran as explicacións. (MP)

O ilusionista: Neil Burger dirixe no seu segundo filme a Edward Norton e a Paul Giamatti con música de Philip Glass. Parece unha aposta segura (I)

Mércores, 8 de novembro

2 filhos de Francisco: esforzado biopic sobre os irmáns Zezé di Camargo e Luciano, branda dupla sertaneja tan esquecíbel coma o propio filme. Un exitazo no Brasil. Hai que vela para poder preguntarse logo que fai este bodrio dentro desta programación. (MP)

Nang Nak: Terror tailandés, haberá que botarlle un ollo, inda que xa ten os seus anos (é de 1999) (I)

Xoves, 9 de novembro

Derecho de familia: a nova de Daniel Burman, o autor de «El abrazo partido». Vén con boas referencias do seu pase no Festival de Valladolid. (MP)

The Host: Cinema coreano de terror con monstro. O terror psicolóxico dá paso ós efectos especiais da man dos neo celandeses Weta Digital. Dende o Festival de Cannes, pasando po-lo de Sitges, chega a Cineuropa con tóda-las cartas para ser un éxito. (I)

Que non se diga que non hai onde elexir. Para tódo-los gustos.


13 Responses to “Cineuropa, primeira semana”

  1. Martin Pawley on Novembro 3, 2006 12:07 p.m.

    E por suposto o ciclo João Cesar Monteiro, para os que o poidan ver, claro…

  2. Miguel on Novembro 3, 2006 5:11 p.m.

    Por suposto eu irei a todo Monteiro e tamén a Monday e a Edmond de Gordon. Bueno, realmente irei a ver dúas ou tres por día.

    Hoxe xa fixen cola, jejeje. Botábao de menos. Por certo, non hai nin programas nin bonos, así que a pagar toda a taxa…

  3. miultimodia on Novembro 4, 2006 2:52 p.m.

    Yo fui a ver Edmond ayer, no me gusto mucho, pero menos me gusto el pagar 3 euros por ver un DVD (!!%#@$%!!!) en la fundación Caixa Galicia, temperatura bajo cero y sillones versión enano…
    No pienso volver ni ahí ni al Cgac. Que por lo menos rebajen un poco la entrada, no?

  4. Obradoiro on Novembro 4, 2006 6:06 p.m.

    Eu o da Fundación Caixa Galicia xa mo sabía, o ano pasado o de Son Curiosa foi esperpentico. Ademais, coma non estes nas 3 primeiras filas tes que facer números pra ver. Eu case prefiro o CGAC. O que non comprendo é como manteñen a sala…

  5. Miguel on Novembro 5, 2006 11:53 a.m.

    Pois malas novas… O ciclo Monteiro todo en DVD, menos mal que para compensar os de Caixa Galicia pasan gratis o ciclo de Cinema Portugués… claro que onte non pasaron a de Oliveira, aínda que tampouco me queixo porque Odete é un filme formidable…

    Mañá No quarto de Vanda, filme imprescindible do cinema actual.

  6. Martin Pawley on Novembro 6, 2006 2:37 a.m.

    Non vin «Odete», que pasará (creo) en breve polo CGAI na Coruña, pero gardo un pésimo recordo do anterior filme de João Pedro Rodrgiuez, «O pantasma».

    Miguel, creo que lle interesará saber que en decembro o CGAI vai exhibir «Juventude em marcha» de Pedro Costa… e «Fantasma», o último Lisandro Alonso :-)

  7. Miguel on Novembro 6, 2006 10:30 a.m.

    Non son moito de pasarme por A Coruña, pero haberá que ver Juventude em marcha, que parece fundamental no cinema actual. Ao Fantasma d Alonso téñolle algo de medo, vendo a información non sei se a influencia de Tsai anulará a Lisandro… Teño pendente aínda La libertad…

    Le bassin de John Wayne… que podo dicir… Fundamental. Non sei porqué, pero paréceme o Monteiro básico. Ten ribetes oliveiranos, pero vai moitísimo máis alá… Unha pena que non a repitan…

    Odete volverona a pasar onte, fun trabucado e quedeime a vela outra vez. Gustame moito, pero tamén encántame A pantasma, a pesar do seu tono en exceso sórdido.

    Mañá No quarto de Vanda, de Pedro Costa!!!

  8. Obradoiro on Novembro 6, 2006 12:52 p.m.

    Primeiro problema do festival (na liña do acontecido o pasado ano con Son Curiosa na FCG ou Un ano con 13 lúas na Yago, ou fai dous anos con A morte de ninguén no Principal). Onte, na proxección das 12 (que comezou as 12:30 polo retraso acumulado da de Kore-Eda) de Edmond na Sala Yago, proxección en DVD coma se sinalaba por aquí, o DVD había de estar rayado e parou a falla de 5 minutos. Non tardaron en arranxalo, pero…

  9. Obradoiro on Novembro 7, 2006 2:50 a.m.

    Por certo, ¿ninguén vai comentar nada sobre o deplorable estado das máis das butacas do Principal, ou só eu o notei?… :P

  10. Miguel on Novembro 7, 2006 10:19 a.m.

    Eu intento fuxir do Principal. Sobre todo tras descubrir as magníficas instalacións da Aula de Cultura. Fai un calorciño… E se non pode ser aí, mellor na Yago que no Principal.

    Hoxe volverei a seccións oficiais tras a éxtase Monteiro destos días. Por certo, a partir de hoxe, Monteiro en portugués sin subtítulos… E digo eu, non podían por algo en inglés, para servir de guía? O portugués de Monteiro enténdese ben, pero hai cada un por ahí…

  11. M on Novembro 7, 2006 12:24 p.m.

    [...] Esta fin de semana arrancaron dous dos festivales m

  12. francisco on Novembro 10, 2006 2:55 a.m.

    MUY IMPORTANTE, los trabajadores de este gran evento cultural en compostela, no cobramos un duro, estamos sin contrato, nos contratan por telefono sin saber ni quien, y pasado un año si tienes suerte cobras, pero cuidadillo que se hacen los locos, en la oficina no te abren, simulan estar cerrados pero te ven por el telefonillo… en fin, absolutamente increible, y lo jodido es que no tienes un solo papel que acredite que te estuvieron explotando agusto(30euros/12horas), así que agradeceles que te paguen… esto es un aviso para los que este año se metan en el lío, todos los años es igual ; es una absoluta verguenza. Los responsables no solo es la empresa contratante, sino por supuesto el concello y la xunta , como no. Seguro que estos hijos de puta no publican este comentario… viva a cidade da cultura!
    PD: si seguimos trabajando para estos cerdos, una vez avisados, la culpa es nuestra.Me parece increible que esto no haya trascendido, y que no hubiese una sola protesta. por lo menos se podía haber montado algo el día de la presentacion…en fin, sálvese quien pueda.

  13. ifrit on Novembro 10, 2006 10:31 a.m.

    Ola, francisco.
    Este bló é un bló non-oficial e non temos nada que ver con Cineuropa… De todas formas gústanos recoller todo tipo de opiniós sobre o festival e dende distintos puntos de vista, sempre que se fagan con respecto, claro.

Trackback URI | Os comentarios están pechados.

Olark Livehelp