Estreiteces en Cineuropa
O maior festival de cinema de Galicia non deixa de ser un cineclube un pouco máis grande do normal. Empezando porque a programación non se sabe ata a semana mesma de comezo e continuando po-la proxeccón de filmes en DVD.
As primeiras críticas foron para a programación que mistura filmes agardadísimos con outros que inda ninguén sabe que fan aí (as distribuidoras algo terá que decir) e inda por riba nada era fixo ata a penas dous días antes do comezo do festival no que apareceu o programa en formato pdf e pouco despois na páxina web (non foi ata o martes 7 que a xente se puido facer cun programa en papel, inda que fora dunha maneira pouco decente)
As seguintes críticas foron (e seguen sendo) para os novos recintos de proxección. Este ano ademáis dos xa habituais Teatro Principal, Salón-Teatro e Cine Yago engadíronse dúas localizacións máis: o CGAC e a Fundación Caixa Galicia. Onde está o pero? Pois que nestas dúas novas localizacións os filmes vense nun televisor con DVD, sentados en cadeiras e conservando o mesmo prezo. O dito, un cineclube grande, pero non por iso mellor.
E non só nas salas máis pequenas os filmes son en DVD, senon tamén nas localizacións clásicas se exhiben neste formato en troques do que tería que ser, o formato cinematográfico reglamentario. Estreiteces, si.
Por outra banda Miguel deixa un comentario no anterior post dicindio que a partir de hoxe as películas do ciclo João Cesar Monteiro van sen subtítulos. Se tal cousa acontece finalmente, sería bo que nos explicasen as razóns, porque eu xuraría que isto é un festival de cine, non unhas prácticas de lingua para estudantes de filoloxía e unha axudiña á comprensión dos diálogos non viría nada mal. Branca de neve, iso si, debe ir sen eles: a ausencia de rótulos é nese caso imprescindíbel.
Ós novos problemas súmanse os que non se arranxaron doutros anos, e isto xa non é tanto problema da propia organización de Cineuropa como da Concellería de Cultura e similares. Coller unha butaca boa no Teatro Principal é unha loteria, pois gran parte delas están desfondadas e ir ver un filme ó Cine Yago é un acto de valentía; un ollo na pequena pantalla e outro no teito e nas paredes para ver que non che caian enriba.
Xa son 20 edicións as que se levan celebrado de Cineuropa, pero agás algunha agradábel sorpresa o demáis parece que deixa moito que desexar e que queda moito traballo por facer para que Cineuropa se convirta nun festival de referencia ou cuns mínimos de calidade.
miultimodia
11.88.2006 10:10 am
Desde luego esta edición está siendo un desastre. Ayer me enteré de que todas las pelis del maratón van a ser proyectadas en Dvd…
Miguel
11.88.2006 11:42 am
Houbo sorte e un alma caritativa foi xunto ao proxector e pediu subtítulos en portugués, co cal o visionado foi perfecto.
O maratón sí, todo en DVD… a 9 euros… andan algo tolos paréceme a mín…
Martin Pawley
11.88.2006 12:39 pm
Pois non entendo ben a razón de querer poñelas sen subtítulos, a verdade. E o do maratón en DVD, buff… Sei dunha certa premura na organización, pero creo que hai cousiñas que, ou se coidan, ou é mellor non facelas.
Obradoiro
11.88.2006 1:34 pm
¿O maratón todo en DVD?. Manda carallo :O
¿E a película sorpresa, logo, tamen en DVD? (digoo por que está no maratón…).
Este ano non rematou de comezar ben Cineuropa. O do Monteiro, grazas a deus, menos mal que parece que poñen subtitulos en portugués…
Miguel
11.88.2006 3:53 pm
Non, a película sorpresa é formato cinematográfico.
A todo esto, eu creo que so hai tres opcións: Exiled e Election 2 de Johnnie To (aínda que Election 2 ao ser segunda parte…) e Natureza Morta, de Jia Zhang Ke (por estar comprada xa para a sua exhibición en España).
Martin Pawley
11.88.2006 8:31 pm
E a de Lars von Trier, que é de Golem, os mesmos que distribúen Grvabica, Quinceañera, Apuntes de Frank Gehry…
Obradoiro
11.88.2006 9:49 pm
Si, pero si está tamén na maratón probablemente sexa asiática, ¿non si?
Martin Pawley
11.88.2006 9:53 pm
Hai dúas películas sorpresa, a do maratón e outra antes, o 16 de novembro. A de Jia Zhang-ke podemos descartala, desde logo…
Obradoiro
11.99.2006 12:08 am
Ah!!! Grazas pola info. Pensaba que era a mesma. Logo si, Von Trier sería unha sorpresa pouco… sorprendente.
Miguel
11.99.2006 11:08 am
Anda… pois eu mirando o programa pensei que o filme sorpresa era o mesmo o dia 16 que no maratón… se son diferentes… menuda montou o Losa… ¿haberá que tragarse o maratón para ver, se o final é, Exiled de Johnnie To?
Martin Pawley
11.99.2006 1:25 pm
Non teño máis información que vostedes, pero dei por suposto que as películas sorpresa serían diferentes, pois do contrario a do maratón deixaría de selo a partir do vindeiro xoves…
Harry.c
11.1919.2006 4:59 pm
Pues menos mal que me entero por aquí de lo de las pelis en televisor, porque estaba a punto de ir a ver Takeshi’s en la Fundación Caixa Galicia.
Bueno, y el televisor cómo es? De plasma? TFT? O un vulgar ‘tubo’?
El del CGAC será de diseño, no?
Qué desastre… Bueno, y lo de las entradas no veas, la compra por internet funciona ‘a la gallega’, o sea, ‘de aquella manera’.
Algunos deberían dimitir…
Conchi
11.2121.2006 10:56 am
Á Caixa Galicia aínda non fun, pero no CGAC dou fe que non son en televisor, polo menos as que fun ver eu: Bubble, The Mysterious Geographic Explorations Of Jasper Morello e Hoshi no koe.
Coincido coas críticas das butacas do Principal, co tema da proxección en DVD e por riba de todo co tema dos programas de man…con todo penso que é unha oportunidade fabulosa para ver cine diferente, e máis nunha cidade pequena na que botan o mesmo en case todos os cines.
Os problemas das salas de proxección en Compostela se debería criticar todo o ano, e non agardar a Cineuropa…digo eu!
Harry.c
11.2222.2006 6:06 pm
Está bien conocer tu opinión, Conchi. Pues entonces no sé por qué dijeron lo de la t.v….
La verdad es que sí que es una oportunidad para ver cine no diferente, sino CINE en mayúsculas -en muchos casos-. Yo el resto del año suelo aprovechar mis viajes a Madrid para ir allí al cine, ya que aquí ni el Compostela, ni el Valle Inclán, ni el Área Central me agradan en absoluto.
Fíjate que hace tiempo en el Área Central programaban una peli en V.O. los viernes a eso de la 1.30 de la madrugada. Fui alguna vez y estábamos 4 personas como mucho. Ahora ya ni eso…
Obradoiro
11.2323.2006 12:08 pm
Tamén houbo un tempo en que a Sala 1 dos Compostela proxectaba en Versión Orixinal. Coincido co gran problema do cinema en Compostela, ainda que eu si fago certa diferencia entre os 3: Os Compostela teñen unha programación bastante decente (nada impresionante), aínda que as cousas chegan con moito retraso. Os Valle Inclán e Area Central, efectivamente, sí son case clons. Ben é certo, queda o Cineclube.
Sobre os das viaxes a Madrid, vaia, curiosamente tamén eu aproveito cando viaxo aló para ir o cinema (aínda que o meu mono de cine fai que vaia moito aqui tamén), pero evidentemente, Compostela (e diría que ningunha cidade galega) pódese permitir ter a xoia que ten Madrid preto da Praza España (iso de ter unhas 15 salas de V.O. nunha rúa… guau!