Cineuropa, segunda semana

Escrito o 10 Novembro 2006 by cineuropa

O que non vos podedes perder esta semana:

Venres 10 de novembro

Beyond the sea: Somos fans confesos de Kevin Spacey pero coido que moito menos de Bobby Darin, si, ese que casou con Sandra Dee. Biopics e máis biopics. (I)

The white diamond: o documental de Herzog inmediatamente anterior a “Grizzly Man”, outra demostración de xenialidade e xuventude por parte do sexaxenario cineasta. (MP)

Sábado 11 de novembro

Infernal Affairs I e II, se inda seguides querendo ver filmes no CGAC aquí tedes do melloriño en cinema de policías dos últimos anos. A primeira é da que fixo un recente remake Martin Scorsese (The Departed) (I e MP)

Domingo 12 de novembro

Tempos de amor, xuventude e liberdade: o último traballo polo de agora do director Hou Hsiao-Hsien. Absolutamente imprescindíbel. (MP)

Luns 13 de novembro

Workingman’s death: documental de Michael Glawoger sobre as difíciles condicións de traballo de distintos grupos de persoas. Cinematograficamente brillante, humanamente necesario. (MP)

Martes 14 de novembro

Simpathy for Mrs. Vengeance, se inda non a viches no teu proveedor p2p no podes perder esta filme que fecha a triloxía sobre a vinganza do impresionante realizador surcoreano Park Chan-wook. (I e MP)

Mércores 15 de novembro

Rampo negro, e máis terror oriental, desta volta cheo de misterio da man do pai da novela policíaca xaponesa, Rampo Edogawa. (I)

Lights in the dusk: a nova película de Aki Kaurismaki. O raro sería que non fose boa. (MP)

Xoves 16 de novembro

The Flaming Lips: Fearless Freaks, cita ineludíbel para os amantes da boa música, o rock indie e os grandes espectáculos. (I)

L’enfer: Danis Tanovic (o de En terra de ninguén) leva ao cine un guión do defunto Krzysztof Kieslowski. Os títulos de crédito son extraordinarios; o resto non tanto, pero déixase ver con agrado e aínda por riba a protagonista é a sublime Emmanuelle Béart. (MP)

 

Escrito en Sen clasificar

Comentarios

  1. Miguel

    11.1010.2006 8:46 pm

    Eu incluo as que teño moitas gañas de ver: Climates de Nuri Bilge Ceylan, Red Road de Andrea Arnold e Xapón de Carlos Reygadas. As dúas últimas seguramente me poñan de mal humor, porque a primeira é dunha protexida do meu “amigo” Von Trier e a segunda é do señorito Reygadas, ese, según J.L. Losa, herdeiro de Ingmar Bergman obsesionado con mamadas… Pero a pesar diso, teño un interese morboso por velas…

    O de White Diamond está difícil… E esa ou Branca da Neve… E prefiro Monteiro, sobre todo tras ver a fundamental (para o cinema) A flor do mar. E como os amigos de Cineuropa poñen as mesmas películas as mesmas horas… quédome sen ver a Herzog…

    Por certo, no foro de compostelacultura estamos a darlle caña ao festival… quen se quera unir a festa…

  2. Martin Pawley

    11.1212.2006 2:51 am

    Despois de “Uzak” Nuri Bilge Ceylan parecía un nome a seguir, pero a acollida en Cannes a “Climates” foi así así… Non vin “Red road”; puiden vela antonte en Ourense, pero optei finalmente por “Lights in the dusk” e “13 tzameti”. En canto a Carlos Reygadas, eu é que aínda non me recuperei da absurda “Batalla en el cielo”, así que case paso.

    Entre “White Diamond” e “Branca de neve”, “Branca de neve”, sen dúbida. E para darlle caña ao festival, prefiro facelo aquí no blog, que me é máis cómodo ;-)

  3. Martin Pawley

    11.1212.2006 2:52 am

    Por certo, Miguel, se todo vai como agardo verei a finais deste mes “Juventude em marcha” en Xixón…

  4. Miguel

    11.1212.2006 2:50 pm

    ¿Vai a Xixón?

    Día e hora, por favor :)

  5. miultimodia

    11.1717.2006 9:44 pm

    Al final la peli sorpresa era “Brick”, muy buena por cierto… Menos mal que no fue el Lars Von Trier ;)

  6. miultimodia

    12.44.2006 8:27 pm

    Alguien sabe cuál fue la peli sorpresa del maratón? Me han dicho que estuvo genial, pero que nadie se acuerda del título… :(

  7. arnulfus

    06.33.2007 6:29 pm

    quero recomendarvos o blog bandaparte-autofocus.blogspot.com
    É moi bo, de verdade.

  8. Merlot

    11.55.2007 7:38 pm

    podedes por as hora de proxecçom….

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image