Comeza Cineuropa 2007
Recollemos a luba, erguemos a cabeza ante o irregular resultado deste bló o ano pasado e metémonos de cheo nunha nova edición de Cineuropa.
Este ano temos premiados por partida triple (Vicente Aranda, José Luís Guerín e Jane Birkin) e no vixésimo aniversario máis películas que nunca, para que ninguén diga que non hai nada que lle guste.
O festival xa comeza hoxe martes e pouco tempo temos para estudar o programa. Eu nun vistazo rápido quedo co ciclo Mundo Asia con filmes como Election 2 de Jonnhie To, I’m a cyborg, but that’s ok de Park Chan-wook (Mellor Guión en Sitges 2007), o Ciclo Fantastic Compostela onde poderemos ver The Fall (Mellor Película en Sitges 2007), Diary of the Dead de George A. Romero e 1408 (con Samuel L. Jackson e John Cusack) e o maratón final adicado ó Bizarro abrindo con The Deliverance de John Boorman.
Xa digo que non me deu moito tempo de estudar o programa e que nos próximos días faremos unha análise máis polo miudo.
Se alguén quere participar no bló escribindo algunha entrada, dandos a súa opinión do festival, dos filmes ou de calquera outra cousa, que mande un correo a cinema_friki@yahoo.es e se anda por Santiago xa tomamos unhas cañas e falamos.
A disfrutar do cinema!!
zerovacas
11.77.2007 9:05 am
Cruza os dedos, porque Losa comentou onte que o maraton “bizarro” podía abrirse con “A Matanza caníbal…”. Están negociando
miultimodia
11.77.2007 2:30 pm
Benvindos de novo nesta nova edición de Cineuropa!
Este ano non terei a oportunidade de ir, máis que nada porque agora vivo bastante lonxe de Santiago, snif…
O maratón bizarro ten moi boa pinta, eso si, o de que sexa un luns é para matalos (e aínda espero que non sexan DVDs coma o ano pasado).
Saúdos e que vexades boas películas!
un non funcionario nen estudante
11.88.2007 8:50 pm
ata os putos ghuevos, quen carallo pode ir un luns ao maratón?
esta é unha costume dos ultimos 3 anos q non alcanzo a entender.
polo menos fai 2 anos puxeron Riget (tremenda serie) in fin de semana.
sei q son un malfalado, sintoo pero estou bastante cabreado
princesadastebras
11.1313.2007 9:00 pm
Eu cria que o maratón sempre era o dia 30 de novembro cadrase no dia que cadrase. Este ano estou fora e estiven a piques de mercar un billete de avión para ir ó maraton o venres 30, e aproveitar a fin de semana. O final non o fixen e menos mal… Porque ata 3 dias antes do comezo do fetival, sin información, coma sempre…
Xa contaredes que tal.
Sublimotrust
11.1515.2007 1:39 pm
Indignante!!
Ayer fuí a ver “Blondie: one way or another” en el CGAC…como siempre esas filas de asientos corridos (tipo iglesia) que esperaba que no estuviesen. Estaban.
Bastante gente, no lleno del todo, en cuanto apagan las luces y se ve la luz del proyector…miedo…proyección trapezoidal ¿¿¿????…..proyectado en digicam=betacam digital..eso pasa….bueno, es lo que hay.
Ahora, el sistema de sonido es una absoluta basura, el recinto suena mal y reverbera que da gusto, resuenan paneles, la colocación de los “altavoces” es para mear y no echar gota, uno en un pie levantado y el otro el en suelo (los delanteros, los traseros?? si los hay pues ni idea porque no los escuchaba, sólo escuchaba a duras penas el derecho y la reverberación por mi oído izquierdo)……el volumen completamente ridículo…podías oir si al de al lado le sonaban las tripas.
Tercera fila y en posición centrada con la pantalla.
Por mi parte, y espero que por la de mucha más gente, no volveré a ir a una proyección al CGAC en Cineuropa, por tomadura de pelo, falta de potencia de audio (cuando salí toqué uno de esos bafles y eran tan pesados y el cono tan grande como los de mi cadena de música), incomodidad y dolor en el culo y espalda.
¿Alguien que haya ido este año a Aula Sociocultural Caixa Galicia, Principal, Salón Teatro puede comentar como está el percal por ahí?. Lo digo más que nada por hacerme un programa no basándome sólo en lo que se proyecta sino donde y en que condiciones se hace.
Señores de la organización (lo lean o no):
!El CGAC no es un recinto válido para un festival de cine!!! Al menos no en esas condiciones tan miserables!.
PD: Princesa, tas en todas :P. Un bico e a ver cando te ves por aqui.
Obradoiro
11.1919.2007 11:31 am
O resto de salas ben, Sublimotrust. O Principal ten as butacas arregladas xa, así que non hai moito que dicir, e do Salón Teatro tampouco, está coma sempre, a min non me disgusta.
E despois a Aula de Cultura é unha boa sala, probablemente a millor, a pantalla máis grande, non mal sonido… pero joder, que frío.